Saltar ao contido

Manuel Alegre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Alegre

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Manuel Alegre de Melo Duarte Editar o valor en Wikidata
12 de maio de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Águeda, Portugal Editar o valor en Wikidata
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Portugal

3 de febreiro de 1992 – 10 de xaneiro de 1996
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Portugal

26 de setembro de 1983 – 25 de xaneiro de 1988
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Portugal

28 de xaneiro de 1980 – 1 de setembro de 1983
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Portugal

24 de abril de 1978 – 28 de xaneiro de 1980
Deputado da Asemblea Constituínte
2 de xuño de 1975 – 2 de abril de 1976

Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Coimbra (pt) Traducir

Deputado da Asemblea da República de Portugal


Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Coimbra (pt) Traducir

Deputado da Asemblea da República de Portugal


Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Coimbra (pt) Traducir

Deputado da Asemblea da República de Portugal


Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Coimbra (pt) Traducir

Deputado da Asemblea da República de Portugal


Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Coimbra (pt) Traducir

Datos persoais
EducaciónFacultade de Dereito da Universidade de Coímbra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, político, escritor, revolucionario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista (Portugal) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webmanuelalegre.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: manuelalegre2011 BNE: XX1553818 Musicbrainz: a5a2f174-a4da-4f74-afe2-5efafe80751b Discogs: 1524933 Editar o valor en Wikidata

Manuel Alegre de Melo Duarte, nado en Águeda o 12 de maio de 1936, é un poeta e político portugués opositor ao réxime salazarista.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e adolescencia

[editar | editar a fonte]

Orixinario dunha familia de tradición política liberal, Manuel Alegre é fillo de Francisco José de Faría e Melo Ferreira Duarte e da súa muller Maria Manuela Alegre, e neto paterno da 1.ª Baronesa da Recosta, filla do 1.º Barão de Cadoro e da súa primeira muller, filla do 1.º Vizconde do Barreiro.

O seu trisavó paterno, Francisco Soares de Freitas, estivo nas revoltas contra D. Miguel I de Portugal, foi fundador dos Camiños de Ferro ao Sur do Texo e primeiro vizconde do Barreiro. O bisavó Carlos de Faría e Melo foi, alén de xornalista, administrador e Gobernador Civil do Distrito de Aveiro. O avó materno, Manuel Ribeiro Alegre, republicano e carboeiro, foi Deputado Constituínte en 1911 e Gobernador Civil do Distrito de Santarém.

Outros seus antepasados destacáronse no deporte, o avó paterno, Mário Ferreira Duarte, foi un auténtico sportsman, introducindo (con Guilherme Pito Basto), varias modalidades deportivas en Portugal e impulsado a fundación da Asociación de Fútbol de Aveiro; o pai xogou fútbol na Académica e foi campión de atletismo; o propio Manuel Alegre foi campión nacional de natación e foi atleta internacional da Académica nesa modalidade.[2]

Á excepción da instrución primaria, feita en Águeda, Manuel Alegre frecuentou diversos establecementos de ensino: fixo o primeiro ano do instituto no Pasos Manuel, en Lisboa, no segundo estivo tres meses como alumno interno no Colexio Almeida Garrett, no Porto, seis meses no Colexio Castilho, en San João da Madeira, e despois foi para o Porto, concluíndo os estudos secundarios no Liceu Central Alexandre Herculano. Aquí fundou, con José Augusto Seabra, o xornal Prelúdio.[2]

Manuel Alegre

A súa infancia e xuventude encóntranse retratadas na novela Alma (1995).

En 1956 Manuel Alegre é admitido na Facultade de Dereito da Universidade de Coímbra. En 1957 tórnase militante do Partido Comunista Portugués, que abandonaría despois de 11 anos, en 1968.

Foi membro da Comisión da Academia cando esta apoiou a candidatura de Humberto Delgado á Presidencia da República, en 1958.[3] Manuel Alegre participou na fundación do Círculo de Iniciación Teatral da Academia de Coímbra e foi actor do Teatro de Estudantes da Universidade de Coímbra, desprazándose para actuar en Bruxelas (1958), Cabo Verde (1959) e Bristol (1960).

En 1960 publica poemas nas revistas Briosa (que dirixiu), Vértice e Via Latina, participando aínda na colectánea A Poesia Útil e Poemas Livres, xuntamente con Rui Namorado, Fernando Assis Pacheco e José Carlos Vasconcelos.[2]

Guerra Colonial

[editar | editar a fonte]

En 1961, é chamado a cumprir o servizo militar e asenta praza na Escola Práctica de Infantaria, en Mafra, de onde sae, pouco despois, para a Illa de San Miguel. Despois de xurdir, con Melo Antunes, un plano para tomar a illa e desencadear un golpe de Estado, en 1962 acaba por ser mobilizado para Angola, onde será prendido pola PIDE, en 1963, pasa seis meses na Fortaleza de S. Paulo, en Luanda.[4] Regresado a Portugal, élle fixada a residencia en Coímbra, mais axiña, en 1964 parte para o exilio. Viaxa primeiro para París, mais acaba por se fixar en Alxer.[2]

No exilio

[editar | editar a fonte]

Chegado a París, en xullo de 1964, é elixido para un cargo na Dirección da Fronte Patriótica de Liberación Nacional, presidida por Humberto Delgado. Esa elección daralle a posibilidade de depor perante as Nacións Unidas, como representante desa organización, sobre a súa experiencia en Angola, e contactar cos líderes dos movementos africanos de liberación, como Agostinho Neto, Eduardo Mondlane, Samora Machel, Amílcar Cabral, Mário Pito de Andrade e Aquino de Bragança.

Nese ano partiu para un exilio de dez anos, en Alxer. Locutor da emisora de radio A Voz da Liberdade[5], difunde contidos de apoio aos movementos de liberación das antigas provincias ultramarinas e contra o réxime salazarista.[6]

Non obstante os seus dous primeiros libros, Praça da Canção (1965) e O Canto e as Armas (1967), foron prohibidos pola censura, mais copias manuscritas ou dactilografadas circularon de man en man, clandestinamente. Poemas seus, cantados, entre outros, por Zeca Afonso e Adriano Correia de Oliveira, Manuel Freire e Luís Cília volvéronse emblemas da loita clandestina.

En 1968, afastouse do Partido Comunista Portugués para adherirse á Acción Socialista Portuguesa, embrión do Partido Socialista.

Regreso a Portugal e carreira política tras o 25 de abril

[editar | editar a fonte]

Unha década despois de ter partido para Alxer regresa a Portugal, onde chega o 2 de maio de 1974. Entra nos cadros da Radiodifusão Portuguesa, como director dos Servizos Recreativos e Culturais.

É un dos fundadores (con Piteira Santos, Nuno Bragança e outros) dos Centros Populares 25 de abril, unha organización que pretendía un papel cívico, complementar ao dos partidos. En 1974 milita no Partido Socialista, de que foi dirixente nacional, sendo secretario-xeral Mário Soares, logo tras o I Congreso do PS.

Electo deputado á Asemblea Constituínte, en 1975, foi o autor da proposta presentada polo PS para o texto do preámbulo da Constitución Portuguesa de 1976, que foi adoptado. Deputado á Asemblea da República a partir de 1976, integrou tamén o I Goberno Constitucional (de Mário Soares), primeiro como Secretario de Estado da Comunicación Social, despois como Secretario de Estado Adxunto do Primeiro ministro para os Asuntos Políticos. No Parlamento foi presidente da Comisión Parlamentaria de Negocios Estranxeiros, vicepresidente da Delegación Parlamentaria Portuguesa ao Consello da Europa, vicepresidente do Grupo Parlamentario do PS e vicepresidente da Asemblea da República.

En 2004 presentouse a secretario xeral do PS, gañando para José Sócrates. En total foi deputado 34 anos. Xubilouse tras deixar o Parlamento.[7] O seu retiro foi motivo de diversos rumores nos medios de comunicación social, que foron levados ao Tribunal, culminando no pagamento a Manuel Alegre dunha indemnización no valor de corenta mil euros, como compensación por danos morais en virtude de noticia publicada en xuño de 2006, no xornal diario Correio da Manhá, e que lle imputaba o recebimento dunha xubilación superior a tres mil euros por escasos meses de traballo na RDP, esquecendo os máis de 30 anos en que Manuel Alegre descontou para a Caixa Xeral de Xubilacións mentres foi deputado na Asemblea da República. Manuel Alegre gañou os recursos en sede de tribunal de primeira instancia, de novo na relación de Lisboa, e de novo en sede de Supremo Tribunal de Xustiza. Acumula tamén unha subvención vitalicia superior a dous mil euros mensuais,[8] aplicada a todos os titulares de cargos públicos con desempeños superiores a 12 anos.[9]

Ten unha biblioteca co seu nome en Águeda. En 2020, durante a pandemia de COVID-19, Manuel Alegre lanzou unha petición para garantir a celebración do festivo 25 de abril no Parlamento,[10] tras esta ser posta en dúbida por un considerábel número de persoas.[11]

Candidaturas presidenciais

[editar | editar a fonte]

En 2006 foi candidato independente ás eleccións presidenciais, obtendo máis votos que Mário Soares, entón candidato oficial do PS. Tras esas eleccións funda o Movemento de Intervención e Cidadanía.

En 2009 cesa o seu último mandato como deputado á Asemblea da República, tras 34 anos no Parlamento, e o ano seguinte, anuncia a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2011, conseguindo o apoio do PS, do BE, do PCTP, ben como dos dirixentes do MIC.

Mantívose no entanto como membro do Consello de Estado, funcións que cesou en 2016, e das Ordes Honoríficas de Portugal.

O meu amor mariñeiro

[editar | editar a fonte]

"O meu amor mariñeiro" é unha canción composta por Fuxan os Ventos", con letra en galego de Luis Álvarez Pousa, adaptada a partir do poema "A Trova do Amor Lusíada", orixinal en portugués, de Manuel Alegre, e música de Xosé L. Rivas Cruz.[12][13]

  • Praça da Canção (1965). Cancioneiro Vértice. En 2015, Dom Quixote.
  • O Canto e as Armas (1967). Nova Realidade. En 2017, Dom Quixote.
  • Um Barco para Ítaca (1971). Nosso Tempo.
  • Letras (1974). Centelha.
  • Coisa Amar (Coisas do Mar) (1976). Perspectivas e Realidades
  • Nova do Achamento (1979). Europa-América.
  • Atlântico (1981). Moraes editora.
  • Babilónia (1983). O Jornal.
  • Chegar Aqui (1984). João Sá da Costa.
  • Aicha Conticha (1984). Galerias 111. Gravados de David Almeida.
  • Obra poética, Vol. I O Canto e as Armas (1989). Dom Quixote. Reúne Praça da Canção, O Canto e as Armas, Um Barco para Ítaca, Letras e Coisa Amar, Coisas do Mar. Pprefacio de João de Melo.
  • Obra poética, Vol. II Atlântico (1989). Dom Quixote. Reúne Nova do Achamento, Atlântico, Babilónia, Chegar Aqui, Vésperas de Batalha (inédito ) e Aicha Conticha.
  • Rua de Baixo (1990). Câmara Municipal de Águeda.
  • A Rosa e o Compasso (1991). Galerias 111.
  • Com que Pena – Vinte Poemas para Camões (1992). Dom Quixote.
  • Sonetos do Obscuro Quê (1993). Dom Quixote.
  • Coimbra Nunca Vista (1995). Dom Quixote.
  • Trinta nos de poesia (1995). Dom Quixote. Prefacio de Eduardo Lourenço. Reúne toda a poesía até "Sonetos do Obscuro Quê", aumentada con poemas dispersos e inéditos. 3ª ed., Círculo de Leitores, 1998.
  • Alentejo e Ninguém (1996). Caminho.
  • Che (1997). Caminho.
  • Senhora das Tempestades (1998). Prefacio de Vítor Aguiar e Silva.
  • Pico (1998). Círculo de Amigos da Ilha do Pico.
  • Rouxinol do Mundo (1998). Dom Quixote. Dezanove poemas franceses e un provenzal subvertidos para o portugués, ed. bilingüe, Dom Quixote.
  • Obra Poética (1999). Dom Quixote. Reúne toda a poesía até "Che" e "Pico".
  • Obra Poética (2005). Planeta de Agostini. Sete volumes.
  • Livro do Português Errante (2001). Publicações Dom Quixote.
  • Diálogos = Cristina Valada + Manuel Alegre (2001). Porto. Doce Poemas inéditos de Manuel Alegre dialogan con 20 aguarelas/técnicas mixtas de Cristina Valadas.
  • Sete Sonetos e um Quarto (2005). Dom Quixote. Deseños de João Cutileiro.
  • Doze Naus (2007). Dom Quixote.
  • Escrito no Mar - Livro dos Açores (2007). Editora Sextante. Ed. bilingüe, con fotografías de Jorge Barros, tradución de Márcia de Brito.
  • Nambueangongo, Meu Amor - Poemas de Guerra (2008).
  • Sete Partidas (2008). Edições Nélson de Matos.
  • Poesia - (Obra poética completa) (2009). Publicações D. Quixote, II volumes.
  • Nada está escrito (2012). Publicações Dom Quixote.
  • País de Aril - Uma Antologia (2014). Publicações Dom Quixote.
  • Bairro Ocidental (2015). Publicações Dom Quixote. Grande Prémio de Literatura dst atribuído o 25 de maio de 2016.
  • Auto de António (2017). Publicações Dom Quixote.
  • Todos os poemas são de amor (2018). Publicações Dom Quixote.
  • Os Sonetos (2019). Publicações Dom Quixote.
  • Jornada de África (1989). Dom Quixote.
  • Alma (1995). Dom Quixote.
  • A Terceira Rosa (1998). Dom Quixote, con 26 edicións.
  • Cão Como Nós (2002). Publicações D. Quixote.
  • Rafael (2004). Dom Quixote.
  • O Miúdo que Pregava Pregos numa Tábua (2010). Dom Quixote.
  • Tudo é e Nao é (2013). Dom Quixote.
  • O Homem do País Azul (1989)
  • Uma Carga de Cavalaria (1998). Caminho.
  • O Quadrado (2005). Dom Quixote.
  • Uma Estrela (2005). Ilustrado por Cristina Valadas. Dom Quixote.
  • As Naus de Verde Pinho (1996). Caminho. En 2015, Dom Quixote. Poesía.
  • Barbi-Ruivo (2007). O meu primeiro Camões, ilustracións de André Letria. Dom Quixote.
  • O Príncipe do Rio (2009). Ilustracións de Danuta Wojciechowska. Dom Quixote.
  • Contra a Corrente (1997). Textos políticos. Dom Quixote.
  • Arte de Marear (2002). Crónicas. D. Quixote.
  • O Futebol e a Vida (2006). Do Euro 2004 ao Mundial 2006, crónicas. Dom Quixote.
  • Uma Outra Memória. A escrita, Portugal e os camaradas dos sonhos (2016). Dom Quixote.

Poemas musicados e cantados

[editar | editar a fonte]

Antes do 25 de Abril, foi musicado e /ou cantado por José Afonso, Adriano Correia de Oliveira, Luís Cília, Manuel Freire, José Niza. Alain Oulman musicou poemas seus para a voz de Amália Rodrigues. Gravou poemas acompañado pola guitarra de Carlos Paredes. Posteriormente, está representado en Portugal nas voces de João Braga, Paulo de Carvalho, Vitorino, Janita Salomé etc. No Brasil, foi musicado e cantado por Maria Bethânia e na Galiza por Fuxan os ventos. En 2004 foi editado, en edición de autor, “Coração que nasceu livre”, colectánea de poemas de Manuel Alegre cantados, musicados ou declamados por Adriano Correia de Oliveira, Carlos Paredes, Amália Rodrigues, Maria Bethânia, Paulo de Carvalho, Mário Viegas, António Bernardino, Manuel Freire, Janita Salomé, Carlos Mendes, Carlos do Carmo, Francisco Fanhais, Cristina Branco, Vitorino e o grupo Linha da Frente.[14]

Candidatura á presidencia en 2006

[editar | editar a fonte]
Candidato votos
Aníbal Cavaco Silva 2 746 689
Manuel Alegre 1 125 077
Mário Soares 778.781
Jerónimo de Sousa 466.507
Francisco Louçã 288.261
Garcia Pereira 23.622
Abstención 3 303 972

Principais condecoracións e medallas[15]

[editar | editar a fonte]
  • Medalha da Orde Jugoslovenske Zvesde sa Zlatnim Vencem da Iugoslavia
  • Grã-Cruz da Ordem da Liberdade de Portugal (19 de maio de 1989)
  • Comendador da Ordem de Ouissam Alaoui de Marrocos (6 de febreiro de 1992)
  • Ilustrísimo Señor Comendador da Real Orde de Isabel a Católica de España
  • Grande-Oficial da Ordem de Bernardo O'Higgins do Chile (29 de abril de 1995)
  • Primeiro Grau da Ordem de Amílcar Cabral de Cabo Verde
  • Medalla da Orde do Mérito Nacional "DJADIR" de Alxeria (31 de maio de 2005)
  • Grande-Oficial da Orde da Estrela da Solidariedade Italiana de Italia (2 de xuño de 2008)
  • Grã-Cruz da Antiga, Nobilíssima e Esclarecida Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, do Mérito Científico, Literário e Artístico (20 de maio de 2016)
  • Medalla da Cidade de Venecia, polo Convenio Internacional "La Porta d’Oriente - Viaggi e Poesia" (1999)
  • Medalla de Mérito e Membro-Honorario do Consello de Europa
  • Medalla de Ouro da Cidade de Águeda
  • Medalla de Honra da Sociedade Portuguesa de Autores (21 de maio de 2008)
  • Medalla da Cidade e Cidadán-Honorario da Cidade de Pádua (19 de abril de 2010)
  • Doutoramento Honoris Causa en Linguas e Literaturas Modernas Europeas e Americanas pola Universidade de Padua (novembro de 2017)
  • Doutoramento Honoris Causa pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa (outubro de 2018)
  • 1998: Prémio de Literatura Infantil António Botto, por As Naus de Verde Pinho
  • 1998: Prémio da Crítica Literária atribuído pola Secção Portuguesa da Associação Internacional de Críticos Literários, peor Senhora das Tempestades
  • 1998: Grande Prémio de Poesia da Associação Portuguesa de Escritores, patrocinado pelos CTT, por Senhora das Tempestades
  • 1999: Prémio Pessoa, polo conxunto da Obra Poética, editada en 1999
  • 1999: Premio Fernando Namora, por A Terceira Rosa
  • 2008: Prémio D. Dinis, Fundação da Casa Mateus, por Doze Naus
  • 2010: Tributo Consagração atribuído pola Fundação Inês de Castro (FIC), Coímbra, pola totalidade da súa obra
  • 2014: Prémio Autor da Fundação Amália Rodrigues
  • 2016: Prémio Vida Literária 2015/2016 da Associação Portuguesa de Escritores
  • 2016: Prémio de Consagração de Carreira da Sociedade Portuguesa de Autores[17]
  • 2016: Grande Prémio de Literatura dst por Bairro Ocidental[18]
  • 2017: Prémio Guerra Junqueiro instituído polo FFIL - Freixo Festival Internacional de Literatura
  • 2017: Prémio Camões
  • 2019: Prémio Vida e Obra atribuído pola Sociedade Portuguesa de Autores
  • 2019: Prémio "Bibliotecando em Tomar"
  1. "Manuel Alegre. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-13. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Manuel Alegre" (PDF). alpiarca.pt (en portugués). 
  3. "Manuel Alegre - Biografia". Pensador (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-13. 
  4. ""Camões dá que falar" com Manuel Alegre". instituto-camoes.pt (en portugués). 
  5. Fidelizarte. "Manuel Alegre". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-06-13. 
  6. "Alegre confrontado com insinuações de traição - Portugal - DN". web.archive.org. 2010-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2010. Consultado o 2020-06-13. 
  7. "Lista de Deputados" (PDF). web.archive.org. Archived from the original on 21 de maio de 2009. 
  8. "Alegre recebe duas pensões do Estado - Portugal - DN". web.archive.org. 2010-02-14. Archived from the original on 14 de febreiro de 2010. Consultado o 2020-06-13. 
  9. "Estatuto Remuneratório dos Titulares de Cargos Políticos" (PDF). parlamento.pt (en portugués). 
  10. "SIC Notícias. Manuel Alegre lança petição a favor das celebrações do 25 de Abril no Parlamento". SIC Notícias (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-13. 
  11. "25 de Abril: petição para cancelar sessão solene chega às 100 mil assinaturas". TVI24 (en portugués). Consultado o 2020-06-13. 
  12. Lalo. "Lalus fecit - partituras coro y letras: O meu amor mariñeiro". Lalus fecit - partituras coro y letras. Consultado o 2020-06-13. 
  13. "Meu amor é mariñeiro". youtube.com. 
  14. "Manuel Alegre : Bibliografia". www.manuelalegre.com (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-13. 
  15. "Manuel Alegre" (en portugués). 2020-04-30. 
  16. "Manuel Alegre: Prémios literários atribuidos a Manuel Alegre". www.manuelalegre.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-13. 
  17. "Sociedade Portuguesa de Autores". www.spautores.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-13. 
  18. S.A, Innovation Point. "Manuel Alegre en la gala del XXI Grande Prémio de Literatura dst". dst group. Consultado o 2020-06-13.